Origen: queiruga libre: CODIGO ROJO, presentación del libro de LUIS GONZALO SEGURA

 

Prezado/a amigo/a:

Dende a xunta directiva da Fuco Buxán, A.C. queremos convídalo/a a asistir ao vindeiro acto que a nosa asociación organiza dentro do Ciclo Democracia e Compromiso

Presentación do libro “Código Rojo” de Luís Gonzalo Segura, coa presenza de Xurxo Miguel Gago Chao (ex militar – secretario da A. C. Fuco Buxán) e Victor G. Novás (directivo da A. C. Fuco Buxán, responsable da área encontros coa información) o xoves 17 de marzo ás 19:30 horas no local da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) na praza de Canido s/n, antiga casa do Coronel, Ferrol.

 


​​​http://blogs.publico.es/un-paso-al-frente/

http://luisgonzalosegura.com/

 Luís Gonzalo Segura de Oro-Pulido (Madrid, 19 de maio de 1977) ex tenente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público. 

A nosa asociación vén a desenvolver un ciclo de conferencias baixo o título “Democracia e Compromiso”. O seu obxectivo é contribuír a difundir ideas e exposicións que promovan un cambio na situación económica, política e social, nun momento especialmente importante para todos os cidadáns.

Ata o de hoxe, organizamos os seguintes actos:

 Ensino: Conferencia – Coloquio de Vicente Álvarez Areces.
 Conferencia Pablo Álvarez Fernández Polo Dereito á Enerxía.
 Conferencia Nieves Santomé “REFUXIADOS E INMIGRANTES”
 Conferencia – Coloquio de Manolo Lago “Balance da Lexislatura. Milagre Económico?”
 Presentación do libro “O último día de Terranova” de Manuel Rivas.
 Juán Carlos Monedero Fernández, Conferencia “Democracia alegre contra el miedo triste”.

E temos previsto realizar os actos que seguen:

 Luís Gonzalo Segura (Madrid, 19 de maio de 1977) exteniente do exército de terra, autor das novelas “Un paso al frente” e “Código Rojo”. Columnista do Diario Público. PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO “CÓDIGO ROJO” O XOVES 17 DE MARZO ÁS 19:30 HORAS NO LOCAL DA SGHN (SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL) NA PRAZA DE CANIDO S/N, ANTIGA CASA DO CORONEL, FERROL.

 Manuela Carmena Castrillo (Madrid, 9 de febreiro de 1944) é xurista, xuíz emérita e política española, alcaldesa de Madrid desde o 13 de xuño de 2015.CONFERENCIA O SÁBADO 02 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS NO CENTRO CÍVICO DE CARANZA FERROL. Quixeramos aproveitar este anuncio para desculparnos polo cambio de data da conferencia de Manuela Carmena por circunstancias alleas a nós. Comprometémonos a mantervos informados periodicamente mediante o email, prensa, e as redes sociais da nosa actividade.

Así mesmo, convidamos a toda a cidadanía a participar no Debate Aberto que terá lugar o xoves 7 de abril ás 20:00 horas no Ateneo Ferrolán. Despois da nosa asemblea ordinaria de socios e socias queremos realizar un Debate Aberto a cantas persoas o desexen, un Debate que lles permita expresar a súa opinión e realizar as propostas que consideren, ademais, para situar os problemas da comarca nun primeiro plano. Agardamos vervos alí!

Mucha gente pequeña, en lugares pequeños,
haciendo cosas pequeñas, puede cambiar el mundo.
– Eduardo Galeano

A Asociación Cultural Fuco Buxán iniciou o Ciclo, que baixo o título xenérico, DEMOCRACIA E COMPROMISO, pretende indagar nas claves e contribuír ao debate sobre a profunda crise sistémica na que estamos inmersos. A tal fin, convidamos e convidaremos a prestixiosos analistas que darán a súa visión dende perspectivas diversas.


​  Ciclo Democracia e Compromiso

Advertisements