Origen: Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela a favor do dereito a decidir de Cataluña | Ollaparo. O universal é o local sen muros

30 Setembro, 2017 at 13:46

Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela a favor do dereito a decidir de Cataluña

por Redacción

Diante da ofensiva do Estado, Galiza vén de mostrar hoxe a súa faciana máis democrática. “A loita de Catalunya é tamén a nosa loita” foi unha das lendas que corearon os varios milleiros de persoas convocadas pola Plataforma Galiza con Catalunya.Representantes de BNG e En Marea maniféstanse unidos na capital galega de brazo dado de representantes de movementos sindicais (CIG e a CUT ), as 30 organizacións sociais  que integran a plataforma e a cidadanía soberanista en “solidariedade” co referendo do 1-O.

Nun ambiente alegre e festeiro entre lendas e chamados a prol a autodeterminación galega e catalá. “Eu apoio o referendo” era a lenda afirmativa que figuraba en cartaces, autocolantes e faixas. Tamén  a de “Independencia” figuraba na faixa principal que abria a manifestación.Entre os participantes na marcha, Ana Pontón, lider do BNG, Paulo Carril, do sindicato CIG, Xosé Manuel Beiras e Camilo Nogueira, o portavoz parlamentario de En Marea, Luis Villares, e  varios deputados.

Votar non é delito”, “Estado español, Estado policial” , “votarán, votarán” repetíronse a eito . “A loita do pobo catalán é amén a nosa loita”, encerraba o manifesto, que lanzaba unha  nídia “mensaxe de solidariedade, de apoio e de ánimo” a Catalunya que mañá poderá ir votar nunhas condicións difíciles sen perder a serenidade que caracterizou o Procés durante estes anos.

A Plataforma Galiza con Catalunya  entende que a autonomía catalá ficou “suspendida” por parte do Estado e censura  as “ameazas constantes dun réxime decrépito” que caiu unha espiral de prohibicións que coartaran dereitos básicos como o de reunión, o de liberdade de expresión e informacion, e mesmo o dereito á intimidade. Diante desta autoritaria posición do Estado, a reacción de partidos, sindicatos e da sociedade civil galega concretouse en decenas de actos, referendos simbólicos,  concentracións  eque culminaron esta mañá en Compostela cun  acto de solidariedade coa aposta democrática pola referendo do 1-O na Cataluña. Cidadáns que queren votar o seu destino.


1-O Referendo de Autodeterminación en Cataluña


 

Concentracións unionistas 

Santiago, A Coruña, Lugo e  Vigo concentraronse apenas decenas de personas en contra do referendo catalá. Diante do concello de Vigo sentíronse  berros a favor do exército, a Lexión, a Gardia Civil e   Policía Nacional Española como “Toda España es de todos”,  “España unida jamás será vencida”, nunha convocatoria institucional realizada polo presidente da FEMP Abel Caballero.

Advertisements